Mellore a súa busca
Atopamos máis categorías relacionadas coa súa busca. Emprégueas para mellorala.
- 91Aduanas
- 533Impostos
- 3Arquivos e Bibliotecas
- 9Información pública
- 7Catastro
- 4Inmobles
- 21Certificados electrónicos
- 22Mercado de Tabacos
- 1Clases Pasivas
- 5Parque Móbil
- 4Contratación
- 6Patrimonio
- 7Contratación e responsabilidade patrimonial
- 4Publicacións
- 9Dereitos cidadáns
- 3Queixas e suxestións
- 5Emprego e empregados públicos
- 24Recursos e reclamacións
- 1Estatística
- 3Sancionadora
- 9Financiamento Comunidades Autónomas
- 17Subvencións e Axudas
- 4Financiamento Entidades Locais
- 3Taxas
- 2Fondos Europeos
- 1Tesouro e Política Financeira
- 1Formación
Exercicio de dereitos de protección de datos persoais
Exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición ao tratamento e portabilidade dos datos persoais da persoa interesada, previstos no Regulamento (UE) 2016/679
Órgano responsable: Secretaría Xeral Técnica
Materia: Dereitos cidadáns
Código SIA: 703379
Lea detidamente estas indicacións antes de "IR AO PROCEDEMENTO".
Este procedemento tramítase a través do formulario do Rexistro Electrónico Xeral da AXE (REC). Desde “IR AO PROCEDEMENTO” pode:
- Enviar por vía electrónica a súa solicitud
- Consultar o estado de tramitación do seu procedemento
- Consultar a información relativa ao acceso ao devandito rexistro
Tamén pode presentar a súa solicitude a través doutros medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Nas solicitudes de exercicio de dereitos de protección de datos persoais teña en conta as seguintes indicacións no apartado Datos da solicitude:
- Organismo destinatario: a solicitude de exercicio de dereitos de protección de datos persoais debe dirixila ao responsable do tratamento dos datos sobre os que desexa exercitar os seus dereitos. En Rexistro de Actividades de Tratamento de Facenda encontrará a relación completa dos responsables de tratamento do Ministerio de Facenda, excluidosos seus organismos dependentes.
- Asunto: escriba neste campo “Exercicio de dereitos de protección de datos persoais”.
- Nos campos Expón e Solicita indique o dereito ou dereitos que desexa exercer en relación cos seus datos persoais e identifique os tratamentos sobre os que queira exercitar os seus dereitos. A relación completa de tratamentos de datos persoais por cada responsable encóntrase no Rexistro de Actividades de Tratamento de Facenda.
Pode utilizar o seguinte formulario descargable para tramitar o procedemento por vía presencial ou incluílo como documento adxunto ao formulario electrónico (PDF aprox. 303 KB).
Para incidencias técnicas que afecten ao Rexistro Electrónico Xeral da AXE pode contactar con: http://administracion.gob.es/pag_Home/atencionCiudadana/ayudame/telefono.html
Para calquera tipo de consulta no que respecta ao exercicio dos seus dereitos sobre os seus datos persoais, pode dirixirse ao procedemento de información sobre o tratamento de datos persoais do interesado.
Enlace á información do procedemento no Portal do Ministerio.