Inicio>Procedementos e Servizos Electrónicos
Aínda pode mellorar os seus resultados usando máis criterios
Atopamos máis categorías relacionadas coa súa busca. Emprégueas para mellorala.
Ingresos no tributarios. Modelo 069. Trámites | Código SIA: 210417
Ponse a disposición do cidadán os seguintes servizos: • Obtención do modelo 069 para efectuar o pago de determinados ingresos (actualmente só dispoñible para reintegrar os gastos por publicación de anuncios no BOE). • Consulta de modelos 069 emitidos ao seu nome relativos a débedas non tributarias, así como a realización do pago das mesmas. • Xestión de adiamento ou fraccionamento de débedas non tributarias.
Certificación previa para a realización material de pagamentos da Comunidade Autónoma de Cataluña a través do Tesouro (Alínea Segunda antiga Orde HFP/878/2017) | Código SIA: 281333
Procedemento para facer posible a aplicación da alínea segunda da antiga Orde HFP/878/2017, do 15 de setembro, pola que se publica o Acordo da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos do 15 de setembro de 2017, pola que se adoptan medidas en defensa do interese xeral e en garantía dos servizos públicos fundamentais na Comunidade Autónoma de Cataluña (BOE 16-09-2017).
Declaración responsable dos órganos de contratación e os interventores que fiscalicen as actuacións administrativas dirixidas á entrega de bens ou prestación de servizos á Comunidade Autónoma de Cataluña (Alínea Quinta da antiga Orde HFP/878/2017) | Código SIA: 281335
Os órganos de contratación e os interventores que fiscalicen as actuacións administrativas dirixidas á entrega de bens ou prestación de servizos á Comunidade Autónoma de Cataluña ou calquera das súas entidades ligadas ou dependentes, deberá remitir (ao adxudicatario e ao MINHAFP) unha declaración responsable, na que conste que os devanditos bens ou servizos non teñen relación co financiamento de ningunha actividade ilegal, nin contraria ás decisións dos tribunais.
Certificación previa para a realización material de pagamentos de organismos da Comunidade Autónoma de Cataluña a través das entidades de crédito (Alínea Terceira antiga Orde HFP/878/2017) | Código SIA: 278178
Facilitar o procedemento establecido na alínea terceira da antiga Orde HFP/878/2017, do 15 de setembro, pola que se publica o Acordo da Comisión Delegada do goberno para Asuntos Económicos do 15 de setembro de 2017, pola que se adoptan medidas en defensa do interese xeral e en garantía dos servizos públicos fundamentais na Comunidade Autónoma de Cataluña.