sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

A través das sedes electrónicas realizánse todas as actuacións, procedementos e servizos que requiran a autenticación da administración pública ou dos interesados por medios electrónicos.

Os sistemas de identificación e de sinaturas admitidos polas administracións públicas son os recollidos nos artigos 9 e 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracóns públicas.

Pode obter información sobre certificados de identificación e de sinatura electrónica a través de CERES (Certificación Española), ofrecida pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).

A Inspección Xeral deste Ministerio pon á súa disposición unha aplicación que lle permite comprobar e verificar o correcto funcionamento do seu certificado dixital e electrónico.

Poderá verificar a validez do certificado da Sede Electrónica Central deste Ministerio, de forma directa e gratuíta, a través da plataforma VALIDe.

A sinatura electrónica deste Ministerio xérase consonte á Política de Sinatura na Administración Xeral do Estado, aprobada por acordo publicado mediante Resolución do 29 de novembro de 2012, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas.