sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

O artigo 12.1 da  Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas establece que as Administracións Públicas deberán garantir que os interesados poden relacionarse coa Administración a través de medios electrónicos, para o que porán á súa disposición as canles de acceso que sexan necesarias, así coma os sistemas e aplicacións que se determinen en cada caso.

Pola súa banda o artigo 4 do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, establece as canles a través das cales as Administracións Públicas prestarán a asistencia necesaria para facilitar o acceso das persoas interesadas aos servizos electrónicos, que serán algún ou algúns entre: Presencial, portais de internet e sedes electrónicas, redes sociais, telefónico, correo electrónico ou calquera outra canle que poida establecerse de acordo co previsto no artigo 12 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

As canles de acceso aos servizos dispoñibles na Sede Central son os recollidos no artigo 3.1 h) da Orde HAP/548/2013, do 2 de abril:

  • Para o acceso electrónico, a través de Internet.
  • Para a atención presencial, as oficinas do Ministerio de Facenda, tanto de carácter central como territorial, conforme ás competencias definidas nas normas reguladoras da organización ministerial, sen prexuízo do acceso a través dos rexistros regulados no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
  • Para a atención telefónica, os servizos de información departamental, no teléfono 900 567 765, así como no número de fax 91 595 88 69.