sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

Parque Móbil do Estado

Parque Móbil do Estado

O Parque Móbil do Estado está configurado como un organismo autónomo dos previstos no artigo 45 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración Xeral do Estado, adscrito ao Ministerio de Facenda, a través da Subsecretaría.

A súa estrutura e funcionamento están regulados polo Real decreto 146/1999, do 29 de xaneiro, polo que se modifica a súa estrutura orgánica básica e funcións e se transforma o organismo autónomo Parque Móbil Ministerial en Parque Móbil do Estado (BOE n.º 26 do 30 de xaneiro) e polo Real decreto 1163/1999, do 2 de xullo (BOE n.º 158, do 3 de xullo), de integración dos servizos periféricos do organismo autónomo Parque Móbil do Estado nas delegacións e subdelegacións do Goberno.

O organigrama do Parque Móbil do Estado consta dun Consello Reitor e a Dirección Xeral. O Consello Reitor componse de quince vogais e mais o seu secretario e está presidido pola subsecretaria do departamento. Da directora xeral, que é a vicepresidenta do Consello Reitor, dependen as subdireccións xerais seguintes: Secretaría Xeral, Subdirección Xeral de Xestión, Subdirección Xeral de Réxime Económico e Subdirección Xeral de Recursos Humanos.

Os servizos periféricos do PME están integrados nas delegacións e subdelegacións do Goberno, das que dependen organicamente. Non obstante, funcionalmente manteñen a relación co Parque Móbil do Estado a través dunha Comisión de Coordinación.

Adscrita á Dirección Xeral está a Intervención Delegada.

Segundo dispón o artigo 4 do Real decreto 146/1999, do 29 de xaneiro, o Parque Móbil do Estado administra os servizos de automobilismo da Administración xeral do Estado, organismos públicos e demais entidades de dereito público, vinculadas ou dependentes da Administración xeral do Estado, así como os dos órganos constitucionais do Estado, cando estes así o demanden.

Servizos específicos que presta

  • De representación aos altos cargos da Administración do Estado e dos organismos públicos e demais entidades de dereito público, vinculados ou dependentes daquela, así como aos órganos constitucionais do Estado.
  • Os servizos xerais e ordinarios que lle demanden os departamentos ministeriais e demais organismos públicos da Administración xeral do Estado.
  • Os servizos extraordinarios que, de xeito específico e ocasional, lle demanden os destinatarios dos anteriores servizos, mediante a oportuna contraprestación económica.

Para máis información, acceda á páxina web do Parque Móbil del Estado no portal do Ministerio.