Parque Móbil do Estado
O Parque Móbil do Estado, O.A., está configurado como un organismo autónomo dos previstos na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, adscrito ao Ministerio de Facenda a través da Subsecretaría.
A súa estrutura e funcionamento están regulados polo Real decreto 663/2022 do 1 de agosto, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Parque Móbil do Estado, O.A.
O Parque Móbil do Estado, O.A., segundo establece o artigo 17 dos seus estatutos, consta de dous órganos de goberno: o Presidente e o Consello Reitor. A presidencia do organismo corresponde á persoa titular da Subsecretaría do Ministerio de Facenda, quen ocupará á súa vez a presidencia do Consello Reitor. A composición do Consello Reitor, segundo queda definida no artigo 19 dos citados estatutos, consta dunha presidencia, unha vicepresidencia, unha secretaría e un máximo de 12 vogais.
Os órganos executivos que conforman o organismo, descritos nos artigos 21 ao 28 dos estatutos, son a Dirección Xeral e catro subdireccións. A persoa titular da Dirección Xeral será quen ocupe a vicepresidencia do Consello Reitor. Da Dirección Xeral dependen a Secretaría Xeral, a Subdirección Xeral de Mobilidade Oficial, a Subdirección Xeral de Xestión Económica e a Subdirección Xeral de Recursos Humanos.
O organismo está sometido á supervisión continua do Ministerio de Facenda, a través da Intervención Xeral da Administración do Estado, conforme ao disposto no artigo 85.3 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
Segundo dispón os artigos 5 a 8 do Real decreto 663/2022, do 1 de agosto, o Parque Móbil do Estado administra os servizos de automobilismo da Administración xeral do Estado, organismos públicos e demais entidades de dereito público, vinculadas ou dependentes da Administración xeral do Estado, así como os dos órganos constitucionais do Estado, cando estes así o demanden.
Servizos específicos que presta
- De representación aos altos cargos da Administración do Estado e dos organismos públicos e demais entidades de dereito público, vinculados ou dependentes daquela, así como aos órganos constitucionais do Estado.
- Os servizos xerais e ordinarios que lle demanden os departamentos ministeriais e demais organismos públicos da Administración xeral do Estado.
- Os servizos extraordinarios que, de xeito específico e ocasional, lle demanden os destinatarios dos anteriores servizos, mediante a oportuna contraprestación económica.
Así mesmo, a Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa atribúe ao PME, O.A. a xestión do Rexistro de Vehículos do Sector Público Estatal (IVO), exercendo para iso funcións de homologación de servizos en canto á determinación dos modelos, características e tipos de vehículos. No capítulo XII dos estatutos do PME, O.A. recóllense as disposicións relativas á estrutura e organización deste rexistro.
Para máis información, acceda á páxina
web do Parque Móbil del Estado O.A. no portal do Ministerio.