Mellore a súa busca
Atopamos máis categorías relacionadas coa súa busca. Emprégueas para mellorala.
- 91Aduanas
- 533Impostos
- 3Arquivos e Bibliotecas
- 9Información pública
- 7Catastro
- 4Inmobles
- 21Certificados electrónicos
- 22Mercado de Tabacos
- 1Clases Pasivas
- 4Parque Móbil
- 4Contratación
- 6Patrimonio
- 7Contratación e responsabilidade patrimonial
- 4Publicacións
- 9Dereitos cidadáns
- 3Queixas e suxestións
- 5Emprego e empregados públicos
- 24Recursos e reclamacións
- 1Estatística
- 3Sancionadora
- 9Financiamento Comunidades Autónomas
- 17Subvencións e Axudas
- 3Financiamento Entidades Locais
- 3Taxas
- 2Fondos Europeos
- 1Tesouro e Política Financeira
- 1Formación
Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas.
Regula o procedemento para a tramitación e resolución das solicitudes de apoio público temporal con cargo ao Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas, creado polo artigo 2 do Real Decreto-lei 25/2020, de 3 de xullo, de medidas urxentes para apoiar a reactivación económica e o emprego.
Órgano responsable: Sociedade Española de Participacións Industriais
Materia: Subvencións e Axudas
Código SIA: 2404766
GUÍA PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS CON CARGO AO FONDO DE APOIO Á SOLVENCIA
O Consello Xestor do Fondo elaborou unha Guía para a solicitude de apoio público temporal con cargo ao Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas, axustada aos requisitos e condicións de elixibilidade esixidos polo Acordo do Consello de Ministros de data do 21 de xullo de 2020.
SOLICITUDE DE INFORMACION PREVIA
Antes de presentar a súa solicitude, a empresa interesada pode solicitar información previa sobre a natureza e alcance deste tipo de axudas públicas temporais (Anexo 0 da GUÍA).
PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE APOIO PÚBLICO
-
Inicio: O procedemento iníciase a través de solicitude por vía electrónica da empresa interesada –que, entre outros requisitos, non pode ser financeira-, de acordo co formulario
Anexo I, solicitude de apoio público temporal con cargo ao Fondo, da "GUÍA".
A solicitude de axuda debe ir acompañada da seguinte documentacion contida na GUIA:
- Anexo II (declaración responsable de non acharse incursa en ningunha das prohibicións para obter a axuda).
- Anexo III (Plan de viabilidade da empresa no medio e longo prazo).
- Anexo IV (declaración responsable relativa á concorrencia de determinadas condicións de elixibilidade).
Na solicitude deberán concretarse con toda claridade os feitos, razóns e pedimento que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima. A concesión da axuda pública supedítase ao cumprimento de determinadas condicións xerais e criterios de elixibilidade especificados nos apartados 1 e 2 do Anexo II do Acordo do Consello de Ministros de data 21 de xullo de 2020.
- Tramitación: Corresponde a SEPI a análise e valoración das solicitudes presentadas, previos á súa resolución polo Consello Xestor do Fondo.
-
Resolución: Corresponde ao Consello Xestor do Fondo. Será necesaria a autorización do Consello de Ministros no caso de que se aprobe a axuda. O prazo máximo para resolver as solicitudes será de seis meses contados desde a súa presentación, con réxime de silencio negativo. As resolucións do Consello Xestor poñen fin á vía administrativa, e pódese interpor un recurso contencioso-administrativo fronte ás mesmas
(Artigo 2, apartados 6 e 7, do Real decreto-lei 25/2020, do 3 de xullo, de medidas urxentes para apoiar a reactivación económica e o emprego)
A concesión e o desembolso da axuda queda condicionada á aprobación polo órgano competente da empresa do Acordo de Apoio Financeiro Público Temporal e do Acordo de Accionistas ou, se é o caso, o Acordo de Xestión coa Compañía, que se establezan na resolución do Consello Xestor (apartado 1.2 do Acordo do Consello de Ministros).
As comunicacións e notificacións que SEPI deba realizar levaránse a cabo a través da plataforma Notific@, accedendo a Cartafol Cidadán cando se recibe un aviso de posta a disposición vía correo electrónico.
- Para calquera consulta relativa a este procedemento pode contactar con: infosepi@sepi.es
- Para incidencias técnicas que afecten ao REC pode contactar con: http://administracion.gob.es/pag_Home/atencionCiudadana/ayudame/telefono.html