Reclamación previa potestativa ante a Delegada de Protección de Datos de Facenda
Con carácter previo á presentación dunha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, a persoa afectada poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos da entidade contra a que se reclame (Art. 37 da LOPDyGDD)
Órgano responsable: Secretaría Xeral Técnica
Materia: Recursos e reclamacións
Código SIA: 1986989
Lea detidamente estas indicacións antes de "IR AO PROCEDEMENTO"
Este procedemento tramítase a través do formulario do Rexistro Electrónico Xeral da AXE (REC). Desde “IR AO PROCEDEMENTO” pode:
- Enviar por vía electrónica a súa solicitude
- Consultar o estado de tramitación do seu procedemento
- Consultar a información relativa ao acceso ao devandito rexistro
Tamén pode presentar a súa solicitude a través doutros medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Na presentación dunha reclamación ante a Delegada de Protección de Datos de Facenda teña en conta as seguintes indicacións no apartado Datos da solicitude:
- Organismo destinatario: a reclamación debe dirixila á Subdirección Xeral de Servizos Web, Transparencia e Protección de Datos. .
- Asunto: escriba neste campo “Reclamación previa potestativa ante a Delegada de Protección de Datos de Facenda”.
- Nos campos Expón e Solicita escriba de forma clara a motivación da súa reclamación, e identifique o responsable do tratamento contra o que reclama. Dispón dunha relación completa e actualizada dos tratamentos de datos persoais que realiza o Ministerio de Facenda, excluídos os seus organismos dependentes, con indicación dos seus respectivos responsables no Rexistro de Actividades de Tratamento de Facenda.
Pode utilizar o seguinte formulario descargable para tramitar o procedemento por vía presencial ou incluílo como documento adxunto ao formulario electrónico (PDF aprox. 204,95 KB)
Para incidencias técnicas que afecten ao Rexistro Electrónico Xeral da AXE pode contactar con: http://administracion.gob.es/pag_Home/atencionCiudadana/ayudame/telefono.html
Para calquera tipo de consulta no que respecta ao procedemento de presentación dunha reclamación previa potestativa ante a Delegada de Protección de Datos de Facenda, pode dirixirse ao procedemento de información sobre o tratamento de datos persoais do interesado.
Enlace á información do procedemento no Portal do Ministerio.