sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

Aínda pode mellorar os seus resultados usando máis criterios

Criterios de busca

Eliminar los criterios de búsqueda
  • Eliminar 'Dereitos cidadáns' como criterio de busca
    Dereitos cidadáns

Mellore a súa busca

Atopamos máis categorías relacionadas coa súa busca. Emprégueas para mellorala.

Exercicio de dereitos de protección de datos persoais

Exercicio dos dereitos de acceso, rectificación, supresión, limitación e oposición ao tratamento e portabilidade dos datos persoais da persoa interesada, previstos no Regulamento (UE) 2016/679

Órgano responsable: Secretaría Xeral Técnica

Materia: Dereitos cidadáns

Código SIA: 703379

Lea detidamente estas indicacións antes de "IR AO PROCEDEMENTO".

Este procedemento tramítase a través do formulario do Rexistro Electrónico Xeral da AXE (REC). Desde “IR AO PROCEDEMENTO” pode:​

  • Enviar por vía electrónica a súa solicitud
  • Consultar o estado de tramitación do seu procedemento
  • Consultar a información relativa ao acceso ao devandito rexistro 

Tamén pode presentar a súa solicitude a través doutros medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Nas solicitudes de exercicio de dereitos de protección de datos persoais teña en conta as seguintes indicacións no apartado Datos da solicitude:

  • Organismo destinatario: a solicitude de exercicio de dereitos de protección de datos persoais debe dirixila ao responsable do tratamento dos datos sobre os que desexa exercitar os seus dereitos. En Rexistro de Actividades de Tratamento de Facenda encontrará a relación completa dos responsables de tratamento do Ministerio de Facenda, excluidosos seus organismos dependentes.
  • Asunto: escriba neste campo “Exercicio de dereitos de protección de datos persoais”.
  • Nos campos Expón e Solicita indique o dereito ou dereitos que desexa exercer en relación cos seus datos persoais e identifique os tratamentos sobre os que queira exercitar os seus dereitos. A relación completa de tratamentos de datos persoais por cada responsable encóntrase no Rexistro de Actividades de Tratamento de Facenda.

Pode utilizar o seguinte formulario descargable para tramitar o procedemento por vía presencial ou incluílo como documento adxunto ao formulario electrónico (PDF aprox. 303 KB).

Para incidencias técnicas que afecten ao Rexistro Electrónico Xeral da AXE pode contactar con: http://administracion.gob.es/pag_Home/atencionCiudadana/ayudame/telefono.html

Para calquera tipo de consulta no que respecta ao exercicio dos seus dereitos sobre os seus datos persoais, pode dirixirse ao procedemento de información sobre o tratamento de datos persoais do interesado.

Enlace á información do procedemento no Portal do Ministerio.