Enténdese por actuación administrativa automatizada o previsto no artigo 41 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Isto é, calquera acto ou actuación realizada integramente a través de medios electrónicos por unha administración pública no marco dun procedemento administrativo e na que non interviñese de forma directa un empregado público.
O artigo 42 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, contempla como supostos de sinatura electrónica no exercicio da competencia na actuación administrativa automatizada a utilización dun selo electrónico, baseado en certificado electrónico recoñecido ou cualificado que reúna os requisitos esixidos pola lexislación de sinatura electrónica, ou dun sistema de Código Seguro de Verificación (en adiante, CSV).
Normativa reguladora de actuacións administrativas automatizadas:
- Secretaría Xeral de Coordinación Autonómica e Local : Resolución do 23 de xaneiro de 2014 (PDF, aprox. 257 KB), pola que se modifica a Resolución do 28 de xuño de 2013 (PDF aprox. 814 KB).
- Dirección Xeral de Orzamentos: Resolución do 8 de novembro de 2017.
- Tribunal Económico-Administrativo Central: Resolución do 23 de outubro de 2024.
- Secretaría Xeral de Orzamentos e Gastos e Intervención Xeral da Administración do Estado: Resolución conxunta do 17 de xuño de 2010 (PDF, aprox. 90,1 KB).
- Intervención Xeral da Administración do Estado: Resolución do 12 de marzo de 2010 (PDF, aprox. 266 KB).
Normativa de creación de selos electrónicos:
- De varios órganos do Ministerio: Resolución do 18 de febreiro de 2014 (PDF, aprox. 101 KB).
- Dirección Xeral de Orzamentos: Resolución do 13 de xuño de 2012 (PDF, aprox. 49,10 MB), pola que se modifica a Resolución do 16 de marzo de 2010 (PDF, aprox. 61,3 MB).
- Intervención Xeral da Administración do Estado: Resolución do 27 de xullo de 2010 (PDF, aprox. 1,36 MB).
Normativa de creación de CSV:
- Inspección Xeral: Orde HAP/533/2016, do 13 de abril, pola que se regulan as actuacións administrativas automatizadas do seu ámbito de competencias así como o uso do sistema de CSV.
- Secretaría Xeral de Orzamentos e Gastos e Intervención Xeral da Administración do Estado: Orde HAC/1108/2019, de 7 de outubro, pola que se establece o uso do sistema de código seguro de verificación.
- Tribunal Económico Administrativo Central: Resolución do 23 de outubro de 2024, da Subsecretaría, pola que se establecen as actuacións administrativas automatizadas e o sistema de código seguro de verificación no ámbito de competencias dos Tribunais Económico-Administrativos.
Normativa conxunta de actuacións administrativas automatizadas e selos electrónicos:
- Parque Móbil do Estado: Resolución de 20 de outubro de 2015 (PDF, aprox. 67,5 KB).
- Instituto de Estudos Fiscais: Resolución do 20 de novembro de 2013 (PDF, aprox. 2,48 MB).
- Subsecretaría: Resolución do 3 de xuño de 2014 (PDF, aprox. 1,04 MB).