sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

O Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, recolle, no seu artigo 11 e), como contido mínimo a disposición das persoas interesadas, a normativa reguladora do rexistro ao que se acceda a través da sede electrónica. 

O artigo 38 do citado Real decreto regula o Rexistro Electrónico Central da Administración Xeral do Estado e establece a natureza e funcionamento deste rexistro, cumprindo a función de facer o asento de todo documento que sexa presentado ou que se reciba en calquera órgano administrativo da Administración Xeral do Estado.

Pola súa banda, a Orde PCM/1382/2021, do 9 de decembro, pola que se regula o  Rexistro Electrónico Xeral no ámbito da Administración  Xeral do Estado ten como fin os requisitos e condicións do funcionamento do REG-AGE.

O REG-AGE admitirá: 

  • Documentos electrónicos normalizados correspondentes aos servizos, procedementos e trámites que se especifiquen según a norma de creación do rexistro, cubertos de acordo con formatos preestablecidos. No Ministerio de Facenda existen formularios normalizados para tramitar recursos e reclamacións, queixas e suxestións e recursos económicos- administrativos, entre outros. 
  • Calquera solicitude, escrito ou comunicación distinta dos mencionados no parágrafo anterior dirixido a calquera administración pública.

Do acordo co artigo 16.8 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, non se terán por presentados no rexistro aqueles documentos e información cuxo réxime especial estableza outra forma de presentación. Nestes supostos, o órgano administrativo competente para a tramitación do procedemento comunicará esta circunstancia ao interesado e informará os requisitos esixidos pola lexislación específica aplicable.