O Rexistro Electrónico deste Ministerio permite a recepción e remisión de solicitudes, escritos e comunicacións relativos ao seu ámbito, segundo o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
A creación e regulación deste Rexistro Electrónico faise mediante a Orde HAP/547/2013, de 2 de abril.
O Rexistro Electrónico deste Ministerio será único para todos os órganos do Departamento. Quedan fóra do seu ámbito a Axencia Estatal de Administración Tributaria e aqueles organismos públicos dependentes ou adscritos ao ministerio que non subscriban convenio coa subsecretaría do departamento. Neste sentido, e segundo o previsto no artigo 1.2 da citada Orde HAP/547/2013, de 2 de abril, quedan adheridos a este Rexistro Electrónico unha vez subscritos os correspondentes convenios os seguintes organismos públicos: Parque Móbil do Estado, Instituto de Estudos Fiscais e Comisionado para o Mercado de Tabacos.
Sistemas de identificación para o acceso ao Rexistro:
Os interesados poderán identificarse perante o Rexistro Electrónico e asinar, cando iso sexa necesario, mediante os sistemas de identificación e sinatura relacionados nos artigos 9 e 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Con carácter xeral, para realizar calquera actuación prevista nun procedemento administrativo, será suficiente con que os interesados acrediten previamente a súa identidade a través de calquera dos medios de identificación previstos no artigo 9 da devandita lei.
As administracións públicas só requirirán aos interesados o uso obrigatorio de sinatura, con calquera dos sistemas recollidos no artigo 10 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, para:
- Formular solicitudes
- Presentar declaracións responsables ou comunicacións
- Interpoñer recursos
- Desistir de accións
- Renunciar a dereitos
A aplicación que soporta cada un dos procedementos ou servizos electrónicos verificará os sistemas de identificación e sinatura que se admiten.
Xustificante de recepción:
O rexistro electrónico emitirá automaticamente polo mesmo medio un recibo asinado electronicamente, co seguinte contido:
- O número ou código de rexistro individualizado.
- A data e hora de presentación.
- A copia do escrito, comunicación ou solicitude presentada e será admisible tamén para estes efectos a reprodución literal dos datos introducidos no formulario de presentación.
- Se é o caso, a enumeración e denominación dos documentos adxuntos ao formulario de presentación ou documento presentado, seguida da marca dixital electrónica de cada un deles. Para estes efectos, enténdese pola marca dixital electrónica o resumo que se obtén como resultado de aplicar un algoritmo matemático de compresión hash á información de que se trate. O xustificante de recepción mencionará o algoritmo utilizado na elaboración da marca dixital electrónica.
- Cando se trate de escritos que inicien un procedemento, a información do prazo máximo establecido normativamente para a resolución e notificación do procedemento, así como dos efectos que poida producir o silencio administrativo, cando sexa automaticamente determinable.
Máis información sobre o Rexistro Electrónico deste Ministerio: