sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste
Dirección Xeral de Tributos

Dirección Xeral de Tributos

Dirección Xeral de Tributos

Dirección General de Tributos

Nesta sede electrónica atópase o acceso aos servizos electrónicos ofrecidos pola Dirección Xeral de Tributos (necesítase certificado dixital ou DNI electrónico para poder acceder a estes):

  • Procedemento para a presentación de consultas tributarias ao abeiro dos artigos 88 e 89 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria.
  • Autorización ás entidades cooperativas para tomar participacións en entidades non cooperativas en porcentaxe superior ao 40%. Desde o 1 de xaneiro de 2022 a competencia para a resolución das autorizacións ás entidades cooperativas para tomar participacións en porcentaxe superior ao 40 % corresponde á Axencia Estatal de Administración Tributaria (Orde HFP/1500/2021, do 29 de decembro, de delegación de competencias e pola que se fixan os límites das competencias de xestión orzamentaria e concesión de subvencións e axudas dos titulares das Secretarías de Estado).
  • Procedemento de concesión de beneficios tributarios para autoestradas de peaxe.
  • Réxime de entidades navieiras en función da tonelaxe.

Para acceder a eles, pulse “Servizos electrónicos” na parte esquerda.

Se o que desexa é acceder ás bases de datos de consultas (vinculantes e non vinculantes) resoltas pola  Dirección Xeral de Tributos dende o ano 1997 ata agora, pique na ligazón seguinte (non cómpre a identificación electrónica, o acceso é libre e anónimo):

Se o que desexa é outro tipo de información relacionada coas actividades desenvolvidas pola Dirección Xeral de Tributos, pode picar nos enlaces seguintes: