Non podemos mellorar máis a súa busca
- Axencia Estatal de Administración Tributaria. AEAT
- Impostos
Mellore a súa busca
Non atopamos máis categorías que permitan mellorar a súa busca. Pode estender a súa busca ao portal web do Ministerio para máis resultados.
Resultado: 529 servizos electrónicos
Procedemento de recadación fronte aos sucesores. | Código SIA: 992006
Procedemento dirixido á continuación do procedemento de recadación cos herdeiros ou, se é o caso legatarios, no caso de falecemento de persoa física; cos socios, partícipes ou cotitulares, unha vez constatada a extinción da personalidade xurídica dunha sociedade ou entidade e cos destinatarios de bens e dereitos no caso de disolución ou liquidación dunha fundación.
Os obrigados tributarios con capacidade de obrar poden actuar por medio de representante co que se entenderán as sucesivas actuacións administrativas, agás que se faga manifestación expresa en contrario. No caso de actuacións levadas a cabo a través de Internet, para os efectos exclusivos da actuación electrónica ante a Axencia Tributaria e sen carácter de rexistro público, existe o rexistro electrónico de apoderamentos. Nel, faranse constar as representacións que os interesados outorguen a terceiros para actuar no seu nome de forma electrónica.
Notificacións | Código SIA: 998289
Procedemento para recibir as notificacións, con total seguridade e integridade, a través de medios telemáticos, ben mediante a Notificación por comparecencia electrónica (acceso electrónico polos interesados ao contido das actuacións administrativas correspondentes, sempre que quede constancia do devandito acceso), ben mediante a utilización do Enderezo Electrónico Habilitado. Este último tipo de notificación será obrigatoria para as persoas e entidades ás que se refire expresamente o Real decreto 1363/2010, do 29 de outubro, que regula os supostos de notificacións e comunicacións administrativas obrigatorias por medios electrónicos no ámbito da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e que son fundamentalmente sociedades e outras entidades.
Cotexo de documentos electrónicos. | Código SIA: 998290
Comprobación por parte do cidadán da autenticidade e integridade dun documento xerado pola Axencia Estatal de Administración Tributaria, mediante a comparación entre o documento físico e o que figura na sede electrónica da AEAT.
Simuladores | Código SIA: 998291
Facilitar os cálculos da próxima declaración de Renda a presentar dentro do período voluntario. Facilitar arquivos NRC para probas e simulacións do envío e presentación de determinados modelos.