Procedemento de comunicación polas entidades financeiras depositarias de bens mobles e saldos abandonados
Incorporación ao patrimonio da AXE dos valores, diñeiro e demais bens mobles depositados en calquera tipo de entidade financeira respecto dos cales non se practicase xestión ningunha polos interesados que implique o exercicio do seu dereito de propiedade no prazo de 20 anos
Órgano responsable: Dirección Xeral do Patrimonio do Estado
Materia: Patrimonio
Código SIA: 994615
- RESYDA permite a comunicación polas entidades financeiras da relación de valores, diñeiro e demais bens mobles depositados nelas e en situación de abandono, segundo a Orden ministerial ORDE EHA 3291/2008, do 7 de novembro.
- Esta comunicación realízase enchendo o formulario adecuado para cada tipo de ben incurso en abandono, existindo a posibilidade de encher os devanditos datos desde un ficheiro externo en formato XML. Indicamos de seguido os enlaces aos distintos esquemas de intercambio de ficheiros:
- É preciso asinar electrónicamente o formulario antes de proceder ao seu rexistro electrónico. O formulario rexístrase no Rexistro electrónico do Ministerio de Facenda.
- Para asinar electronicamente o formulario debe utilizar un certificado electrónico recoñecido e ter instalada a aplicación Autofirma, que pode descargarse en: https://firmaelectronica.gob.es/Home/Descargas.html
- Unha vez rexistrado, RESYDA mostrará o correspondente acuse de recibo o cal se pode gardar como ficheiro pdf e/ou imprimirse.
Para cualquier consulta relativa a este Servizo Electrónico ofrecido pola Dirección Xeral do Patrimonio pode contactar con: sgpatrimonio.secretaria@hacienda.gob.es
Para calquera tipo de consulta sobre RESYDA: resyda@hacienda.gob.es
Para incidencias técnicas que afecten ao REC pode contactar con: http://administracion.gob.es/pag_Home/atencionCiudadana/ayudame/telefono.html