sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

A  Administración Electrónica debe ser fiable para que os cidadáns realicen os trámites administrativos correspondentes a través desta con total seguridade e fiabilidade. Para iso, o Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Seguridade no ámbito da Administración Electrónica, determinado polo artigo 156 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, persegue fundamentar a confianza na que os sistemas de información prestarán os seus servizos e custodiarán a información de acordo coas súas especificacións funcionais, sen interrupcións ou modificacións fóra de control, e sen que a información poida chegar a coñecemento de persoas non autorizadas.

A política de seguridade da información constiúe o marco de referencia orientado a facilitar a definición, xestión, administración e implementación dos mecanismos e procedementos de seguridade establecidos no Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro.

Por medio da Orde HAP/1953/2014, do 15 de outubro, aprobouse a política de seguridade da información no ámbito da administración electrónica do Ministerio de Facenda e Administración Públicas.

Por outra banda por medio da Resolución de 21 de decembro de 2015, regúlase a política de seguridade dos sistemas de información da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos e da Intervención Xeral da Administración do Estado.