sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

Declaración de Accesibilidade

O Ministerio de Facenda comprometeuse a facer accesibles os seus sitios web de conformidade con el Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público (en adiante, Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro).

A presente declaración de accesibilidade aplícase ao sitio web https://sedeminhap.gob.es.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co el Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro, debido á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  1. Falta de conformidade co Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro: Poderían existir fallos puntuais de edición en algunha páxina web, tanto en contidos HMTL como en documentos finais, publicados en data posterior ao 20 de setembro de 2018 data de entrada en vigor do  Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro). Concretamente, con relación aos documentos finais, estamos a traballar para que os formularios descargables para tramitar o procedemento por vía presencial sexan plenamente accesibles.
  2. Carga desproporcionada: Non aplica.
  3. O contido non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable: Poderían existir arquivos ofimáticos en PDF ou outros formatos publicados antes do 20 de setembro de 2018 que non cumpran na súa totalidade todos os requisitos de accesibilidade. Tamén poden estar nesa situación contidos elaborados por terceiros non financiados, nin desenvoltos, nin baixo o control do responsable deste sitio web.

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración foi preparada o 31 de xaneiro de 2021.

O método empregado para preparar a declaración foi unha autoevaluación levada a cabo polo propio organismo.

Última revisión da declaración: 20 de marzo de 2024.

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a) do Real decreto 1112/2018, do 7 de setembro) como, por exemplo:

  • Informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
  • Transmitir outras dificultades de acceso ao contido
  • Formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

A través das seguintes vías:

Tamén pode solicitar en formato accesible información que non cumpra cos requisitos de accesibilidade ben por estar excluída, ben por estar exenta por carga desproporcionada; ou formular unha queixa por incumprimento dos requisitos de accesibilidade. Ligazón ao procedemento de solicitude de información accesible e queixas do artigo 12 do Real Decreto 1112018, de 7 de setembro.

As comunicacións, solicitudes de información accesible e queixas debe dirixilas á Subdirección Xeral de Coorinación da Información, Datos, Servizos Web e Transparencia (Secretaría Xeral Técnica), como unidade responsable dos contidos deste sitio web. 

Procedemento de aplicación

A través deste procedemento poderá iniciar unha reclamación para coñecer e oporse aos motivos da desestimación dunha solicitude de información accesible ou queixa, instar a adopción das medidas oportunas no caso de non estar de acordo coa decisión adoptada, ou expor as razóns polas que se considera que a resposta non cumpre cos requisitos esixidos.

Ligazón ao procedemento de reclamación, que debe dirixir á Subdirección Xeral de Coordinación da Información, Datos, Servizos Web e Transparencia, como unidade responsable de accesibilidade deste Ministerio, ou se a reclamación é por unha actuación da devandita Unidade, ao superior xerárquico desta.

Contido opcional

A versión actualmente visible deste sitio web é de abril do 2014 e nesa data fíxose a revisión de nivel de accesibilidade vixente naquel momento.

A partir desa data lévanse a cabo revisións parciais diarias do contido web novo ou modificado, tanto dos modelos como das páxinas e documentos finais publicados, a fin de asegurar o cumprimento dos requirimentos de accesibilidade da Norma UNE-EN 301549:2019, considerando as excepcións do Real Decreto 1112/2018, de 7 de setembro.

Adicionalmente, este sitio web é revisado polo Observatorio de Accesibilidade Web (OAW), téndose realizado a última revisión en xuño de 2022.

Entre outras adóptanse as seguintes medidas para facilitar a accesibilidade:

  • Diferentes opcións de tamaño da fonte. Botóns menú superior
  • Dous contrastes distintos para presentar a sede. Inicialmente testado e botón de alto contraste
  • Utilización de texto alternativo nas imaxes
  • Os enlaces ofrecen detalles da función ou destino do hipervínculo
  • Uso dos estándares do W3C: CSS 3.0, WAI AA

Pode consultar na páxina de Avisos Legais para que navegadores e versións está optimizado este sitio web.