sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Volver a contraste normal

Subsecretaría de Facenda

A Subsecretaría de Facenda ten entre as súas funcións as de xestión e administración dos recursos humanos e dos servizos internos relativos a edificios, medios materiais, réxime interior e rexistro xeral, redes internas de comunicacións e sistemas de información dos servizos comúns do Ministerio.

Entre os servizos que presta ao cidadán, a Subsecretaría é responsable da xestión das convocatorias de probas selectivas, previstas na oferta de emprego público, para o acceso aos corpos de funcionarios adscritos a este Ministerio e para as prazas que deban cubrirse con persoal laboral fixo de novo ingreso.

Tamén é responsable da convocatoria e da resolución dos concursos para a provisión dos postos de traballo adscritos a este Ministerio.

Por último, en relación cos inmobles arrendados por este Ministerio, és el órgano responsable da tramitación das solicitudes de pagamento das rendas, así como doutros gastos asociados a estas.

Para máis información, poden consultar a seguinte páxina do portal do Ministerio:

Sobre os servizos relativos a emprego público no Ministerio