sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas.

Regula o procedemento para a tramitación e resolución das solicitudes de apoio público temporal con cargo ao Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas, creado polo artigo 2 do Real Decreto-lei 25/2020, de 3 de xullo, de medidas urxentes para apoiar a reactivación económica e o emprego.

Órgano responsable: Sociedade Española de Participacións Industriais

Materia: Subvencións e Axudas

Código SIA: 2404766

GUÍA PARA A SOLICITUDE DE AXUDAS CON CARGO AO FONDO DE APOIO Á SOLVENCIA

O Consello Xestor do Fondo elaborou unha Guía para a solicitude de apoio público temporal con cargo ao Fondo de apoio á solvencia de empresas estratéxicas, axustada aos requisitos e condicións de elixibilidade esixidos polo Acordo do Consello de Ministros de data do 21 de xullo de 2020.

SOLICITUDE DE INFORMACION PREVIA

Antes de presentar a súa solicitude, a empresa interesada pode solicitar información previa sobre a natureza e alcance deste tipo de axudas públicas temporais (Anexo 0 da GUÍA).

PROCEDEMENTO DE SOLICITUDE DE APOIO PÚBLICO

  1. Inicio: O procedemento iníciase a través de solicitude por vía electrónica da empresa interesada –que, entre outros requisitos, non pode ser financeira-, de acordo co formulario Anexo I, solicitude de apoio público temporal con cargo ao Fondo, da "GUÍA".

    A solicitude de axuda debe ir acompañada da seguinte documentacion contida na GUIA:

    • Anexo II (declaración responsable de non acharse incursa en ningunha das prohibicións para obter a axuda).
    • Anexo III (Plan de viabilidade da empresa no medio e longo prazo).
    • Anexo IV (declaración responsable relativa á concorrencia de determinadas condicións de elixibilidade).

    Na solicitude deberán concretarse con toda claridade os feitos, razóns e pedimento que permitan constatar que se trata dunha solicitude razoable e lexítima. A concesión da axuda pública supedítase ao cumprimento de determinadas condicións xerais e criterios de elixibilidade especificados nos apartados 1 e 2 do Anexo II do Acordo do Consello de Ministros  de data 21 de xullo de 2020.

  2. Tramitación: Corresponde a SEPI a análise e valoración das solicitudes presentadas, previos á súa resolución polo Consello Xestor do Fondo.
  3. Resolución: Corresponde ao Consello Xestor do Fondo. Será necesaria a autorización do Consello de Ministros no caso de que se aprobe a axuda. O prazo máximo para resolver as solicitudes será de seis meses contados desde a súa presentación, con réxime de silencio negativo. As resolucións do Consello Xestor poñen fin á vía administrativa, e pódese interpor un recurso contencioso-administrativo fronte ás mesmas (Artigo 2, apartados 6 e 7, do Real decreto-lei 25/2020, do 3 de xullo, de medidas urxentes para apoiar a reactivación económica e o emprego)

    A concesión e o desembolso da axuda queda condicionada á aprobación polo órgano competente da empresa do Acordo de Apoio Financeiro Público Temporal e do Acordo de Accionistas ou, se é o caso, o Acordo de Xestión coa Compañía, que se establezan na resolución do Consello Xestor (apartado 1.2 do Acordo do Consello de Ministros).

    As comunicacións e notificacións que SEPI deba realizar levaránse a cabo a través da plataforma Notific@, accedendo a Cartafol Cidadán cando se recibe un aviso de posta a disposición vía correo electrónico.

Tipos de busca

  • Eliminar 'Sociedade Española de Participacións Industriais' como criterio de busca
    Sociedade Española de Participacións Industriais

Utilice as etiquetas dos servizos para optimizar a súa busca e obter mellores resultados.

Se o desexa, tamén pode acceder ao buscador avanzado de servizos cos criterios de busca actuais