sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

Ingresos no tributarios. Modelo 069. Trámites

Ponse a disposición do cidadán os seguintes servizos: • Obtención do modelo 069 para efectuar o pago de determinados ingresos (actualmente só dispoñible para reintegrar os gastos por publicación de anuncios no BOE). • Consulta de modelos 069 emitidos ao seu nome relativos a débedas non tributarias, así como a realización do pago das mesmas. • Xestión de adiamento ou fraccionamento de débedas non tributarias.

Órgano responsable: Intervención Xeral da Administración do Estado

Materia: Tesouro e Política Financeira

Código SIA: 210417

  • Os accesos a este servizo realízanse utilizando unha canle segura de comunicación e, como requisito indispensable, deberá identificarse mediante un dos métodos postos a disposición polo servizo Cl@ve: Cl@ve PIN, Cl@ve Permanente ou Certificado Electrónico. Información sobre Cl@ve​.
  • O acceso realízase a través dun navegador Microsoft Internet Explorer 7 ou superior (32 ou 64 bits), Mozilla Firefox 4.0 ou superior (en Windows unicamente se sopórta en 32 bits), Google Chrome 15 ou superior, Apple Safari 5 ou superior. Para ver os requisitos de configuración pode descargar o Manual de configuración de navegadores.
  • Se non dispón de certificado electrónico ou Cl@ve, pode obter aquí un formulario de solicitude de fraccionamento do pago de débedas non tributarias (Mod. 069) para presentalo nas oficinas de asistencia en materia de rexistro da Administración. IMPORTANTE: Para evitar problemas de configuración de navegadores, unha vez se abra o formulario, gárdeo no PC e ábrao con Adobe Acrobat Reader para enchelo correctamente. Acceder ao formulario
  • Para calquera consulta relativa a este Servizo Electrónico ofrecido polo IGAE: IncidenciasSic3@igae.hacienda.gob.es
  • Para calquera tipo de consulta técnica ou do contido do sitio: gestion.sede@hacienda.gob.es