Non podemos mellorar máis a súa busca
- Axencia Estatal de Administración Tributaria. AEAT
- Impostos
Mellore a súa busca
Non atopamos máis categorías que permitan mellorar a súa busca. Pode estender a súa busca ao portal web do Ministerio para máis resultados.
Resultado: 529 servizos electrónicos
Os suxeitos pasivos que tributen polo Réxime especial de bens usados poderán solicitar a aplicación da marxe de beneficio global para a determinación da base impoñible, para iso presentarán a solicitude acreditando que teñen especiais dificultades para aplicar a modalidade de determinación da Base Impoñible pola marxe de beneficio de cada operación debido ao elevado número de operacións realizadas e o reducido prezo dos bens.
A conservación de facturas ou recibos, tanto emitidos coma recibidos, por un terceiro non establecido na CE, Canarias, Ceuta ou Melilla, ou nun país co cal non exista un instrumento xurídico de asistencia mutua, só poderá realizarse logo de autorización do Departamento de Xestión.
Autorizacións administrativas para a importación exenta de determinados bens.
Solicitude de autorización para actuar como entidade colaboradora no reembolso do Imposto sobre o Valor Engadido aos viaxeiros residentes fóra da Unión Europea, que adquirisen bens no territorio de aplicación do imposto por importe superior a 90,15 € e os transporten fóra da Unión Europea.
Este procedemento ten por obxecto comprobar e investigar o axeitado cumprimento das obrigas tributarias dos contribuíntes que tributan por estimación obxectiva e neste procederase, se é o caso, á regularización da situación tributaria do obrigado mediante a práctica dunha ou varias liquidacións. A comprobación terá por obxecto os actos, elementos e valoracións consignados polos obrigados tributarios nas súas declaracións. A investigación terá por obxecto descubrir a existencia, se é o caso, de feitos con relevancia tributaria non declarados ou declarados incorrectamente polos obrigados tributarios.