sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

Aínda pode mellorar os seus resultados usando máis criterios

Criterios de busca

Eliminar los criterios de búsqueda
  • Eliminar 'Recursos e reclamacións' como criterio de busca
    Recursos e reclamacións

Mellore a súa busca

Atopamos máis categorías relacionadas coa súa busca. Emprégueas para mellorala.

Reclamación previa potestativa ante o Delegado de Protección de Datos de Facenda

Con carácter previo á presentación dunha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, o afectado poderá dirixirse ao Delegado de Protección de Datos da entidade contra a que se reclame (Art. 37 da LOPDyGDD)

Órgano responsable: Secretaría Xeral Técnica

Materia: Recursos e reclamacións

Código SIA: 1986989

Lea detidamente estas indicacións antes de "IR AO PROCEDEMENTO":

No apartado 1. Datos do presentador do escrito::

  • Encha os datos postais co enderezo no que desexa recibir as notificacións derivadas deste procedemento.
  • Se opta pola modalidade electrónica de notificación, comprobe que o seu enderezo de correo electrónico é correcta..

No apartado 2. Datos do escrito:

  • O órgano destinatario do escrito é o Delegado de Protección de Datos de Facenda, cuxas funcións foron asumidas pola Secretaría Xeral Técnica. Debe dirixir o seu escrito á Secretaría Xeral Técnica.
  • No campo asunto escriba: Reclamación ante o Delegado de Protección de Datos..
  • Nos campos expón e solicita indique de forma clara os motivos da súa reclamación, indicando, se o coñece, o responsable ou encargado de tratamento contra o que reclama. Dispón dunha relación completa e actualizada dos tratamentos de datos persoais que realiza o Ministerio de Facenda, con indicación dos seus respectivos responsables, nesta ligazón ao Rexistro de Actividades de Tratamento publicado no Portal do Ministerio.

Enlace ás especificaciónes técnicas do formulario relativas aos medios de identificación e do tipo e configuración do navegador de Internet para o funcionamento correcto da aplicación.

Enlace ao formulario descargable para tramitar o procedemento por vía presencial ou incluílo como documento adxunto ao formulario electrónico (PDF aprox. 204,95 KB)

Para calquera tipo de consulta no que respecta ao exercicio dos seus dereitos sobre os seus datos persoais, pode dirixirse ao procedemento de información sobre o tratamento de datos persoais do interesado.

Para calquera tipo de consulta técnica ou do contido do sitio: gestion.sede@hacienda.gob.es