sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

Segundo establece o artigo 11.2 d) do Real decreto 203/2021, do 30 de marzo, polo que se aproba o regulamento de actuación e funcionamento do sector público por medios electrónicos, toda sede electrónica disporá dun sistema de verificación dos certificados da sede electrónica.

O artigo 16 deste Real decreto establece que a Administración Xeral do Estado disporá dunha plataforma para a verificación da vixencia e do contido dos certificados cualificados admitidos no sector público. O sistema deberá permitir que tal verificación se poida levar a cabo de forma libre e gratuíta, para o sector público.

Poderá verificar a validez do certificado da Sede Electrónica Central deste Ministerio, de maneira directa e gratuíta, a través da plataforma VALIDe.

Os certificados de sede teñen a utilidade de asegurar que as relacións dos cidadáns realízanse a través dunha canle segura e unha oficina pública recoñecida, que non permiten a intrusión malintencionada de terceiros.