sede.electrónica

  • Cambiar a texto pequeno
  • Cambiar a texto mediano
  • Cambiar a texto grande
  • Cambiar a alto contraste

Seguindo o establecido no artigo 1.1.b) da Orde HAP/547/2013, do 2 de abril (PDF, aprox. 233,58 KB), pola que se crea e  se regula o Rexistro Electrónico do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, aprobouse por medio da Resolución de 21 de decembro de 2015 (PDF, aprox. 305 KB), da  Subsecretaría, a relación de documentos electrónicos normalizados do ámbito de competencia do Rexistro Electrónico do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

A citada orde determina tamén no seu artigo 2.2.a) que corresponde aos directores xerais do departamento e aos directores dos organismos adheridos ao Rexistro Electrónico a aprobación ou modificación dos formularios para as solicitudes, escritos e comunicacións normalizados, con especificación dos campos destes que se deben cubrir obrigatoriamente e dos criterios de congruencia entre os datos consignados no formulario. As resolucións de aprobación destes formularios serán obxecto de publicación no Boletín Oficial do Ministerio e serán divulgadas a través das sedes electrónicas que den acceso ao Rexistro.

Non obstante o anterior, a disposición transitoria primeira da devandita orde determina que se exclúen deste trámite os  formularios que tivesen sido aprobados axustándose ao establecido na  regulación dos Rexistros Electrónicos dos suprimidos Ministerios de Economía e Facenda e de Política Territorial e Administración Pública, sempre que estes non fosen, con anterioridade, obxecto de modificación.

  • Formularios para recursos e reclamacións:  Resolución do 13 de abril de 2011 (PDF, aprox. 20,6 MB), da Secretaría Xeral Técnica do Ministerio de Economía e Facenda pola que se aproban os formularios normalizados para a presentación electrónica de procedementos e trámites da súa competencia.
  • Formulario para concursos de funcionarios:  Resolución do 22 de decembro de 2010 (PDF, aprox. 867 KB) da Subsecretaría do Ministerio de Economía e Facenda pola que se aproba o formulario normalizado para a presentación electrónica de solicitudes para participar nos concursos de provisión de postos de traballo de funcionarios.
  • Formularios para reclamacións económico-administrativas: Resolución do 21 de febreiro de 2011 (PDF, aprox. 3,52 MB) da presidencia do Tribunal Económico Administrativo Central pola que se aproban os formularios normalizados para a presentación electrónica de reclamacións económico-administrativas, outros recursos e incidentes da vía económico-administrativa, alegacións, e comunicacións aos tribunais económico-administrativos.
  • Formularios para queixas e suxestións:  Resolución do 13 de outubro de 2010 (PDF, aprox. 3,22 MB), da Inspección Xeral do Ministerio de Economía e Facenda pola que se aproban os formularios normalizados para a presentación electrónica de queixas e suxestións.
  • Formularios para patrimonio: Resolución do 20 de setembro de 2010 (PDF, aprox. 272 KB), da Dirección Xeral do Patrimonio do Estado, pola que se aproban formularios normalizados para tramitar por vía electrónica a comunicación polas entidades financeiras de bens mobles e saldos abandonados.